Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco confirma a permanencia en Terceira División

choco

A vitoria do Ourense por 4-0 ante a Agrupación Deportiva Llenerense de Estremadura permite ao equipo galego ascender a segunda e evitar os arrastres, confirmando a permanencia do Choco na Terceira División.

O equipo redondelán por fin deixou de sufrir logo dunha longa espera por saber se descendía a preferente ou lograba o obxectivo da permanencia. A redución no número de equipos na terceira División facían perigar a súa situación. Malia ter feito os deberes durante a tempada e lograr manterse afastados dos postos de descenso, estaban pendentes de posibles arrastres. No caso de que o equipo de Ourense perdera o encontro disputado este sábado, os de Juan Amoedo veríanse abocados a descender. Afortunadamente, os ourensáns loitaron polo seu ascenso ata lograr imporse claramente aos estremeños e, de forma indirecta, permitiron unha merecida celebración entre o equipo técnico, xogadores e afeccionados do Choco, que comezarán xa a traballar na próxima tempada.

Dende o Club e a través das redes sociais quixeron agradecer o apoio de “todo o choquismo que nunca deixou de crer no equipo e estivo nos bos e malos momentos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará