Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación anima a cubrir as prazas libres no bacharelato de Artes que arrancará o próximo curso en Redondela

artes

O novo Bacharelato de Artes, Imaxe e deseño do IES Pedro Floriani botará a andar o vindeiro curso cun total de 15 alumnos. Este é o número de solicitudes recibidas por parte da Xefatura Territorial de Pontevedra durante o período extraordinario de admisión que se abriu para este fin, polo que se consolida un grupo de clase. Non obstante, aínda quedan prazas libres polo que, se algún alumno desexa incorporarse fóra de prazo, poderá facelo.

Este novo Bacharelato, que se impartirá en quenda de mañá, foi recentemente autorizado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dando así resposta á demanda da comunidade educativa de Redondela. Precisamente para adaptar os espazos do centro á nova oferta, a Consellería realizará as pertinentes obras no instituto ao longo do verán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará