Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fiuncho e flores para celebrar a primavera

maios lavandeira

A Alameda de Redondela volveu encherse hoxe das tradicionais figuras dos Maios nunha festa que renacía tras dous anos de ausencia. Moitos maios tradicionais, principalmente conos e algún cruceiro, foron os protagonistas nun día no que tamén houbo alguna aposta artística como a Lavandeira que se levou o primeiro premio nesta categoría. A retranca tradicional das coplas escoitouse nun escenario que estes días serve tamén para albergar as diferentes propostas festivas que nos deixa a Festa do Choco, que se prologará ata o vindeiro 8 de maio.

Un total de 19 figuras vexetais protagonizaron o regreso dos Maios a rúa, nunha mañá no que o tempo acompañou e animou a moitos a achegarse ao centro da vila neste primeiro día do mes. Unha das figuras que máis sorprendeu pola súa orixinalidade e complexidade foi a da Lavandeira, unha composición articulada que movía os brazos e que se fixo merecedora do primeiro premio en maio artístico, seguido dun conxunto de instrumentos cunha gaita, un tambor e un tamboril e, en terceiro lugar, a figura dun choco recreada pola Anpa do colexio de Cedeira.

Digna Rivas, Alcaldesa

Con todo, foron os maios tradicionais os máis abundantes, principalmente conos de diversos tamaños cos adornos habituais de ovo, laranxa e flores.

Non faltou a retranca das coplas que nenos e nenas interpretaron sobre o escenario e onde se escoitaron moitas referencias políticas, con protagonismo local e moitas alusións a unha pandemias e unhas máscaras que aínda non están esquecidas.

Mellores coplas

As Choqueiras

Os Quintelas

Que crus

Mellor Interpretación

Os nenos de Saxamonde

O Carballo 2022

A lavandeira

Maio Artístico

A lavandeira

Os Quintelas

O Choco Tinteiro

Maio Tradicional

O Cono de Quintela

O Carballo 2022

Case non chegamos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará