Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ambientación mariñeira para degustar o choco de Redondela

choco redes

Arranca hoxe a XXXV edición da Festa do Choco coa vila engalanada con redes, boias e outros elementos mariñeiros que salientan a vinculación de Redondela co mar. Unha decoración que corre a cargo de empresa redondelá Eurored e que serve ambientar unhas rúas que xa cheiran a choco. Ademais da posiblidade de degustar os menús elaborados en 12 establecementos do Concello expresamente para esta celebración hoxe haberá música con 33RPM e Broken Peachs e espectáculos familiar de clow e malabares na praza da torre.

Ata o vindeiro 8 de maio a programación cultural e festiva irá da man das propostas gastronómicas que nos achegan os locais Gastrobar, A Cova, Adega, Antolín, Casa Consejo, Casa Mucha, Meraki, Os Amigos, O xantar de Otelo, Cafetería Patri, Pizzeria Bos Aires e o VilaBella.

“Queríamos que, neste ano que é especial porque marca a recuperación dunha certa normalidade, Redondela estiver adobiada como corresponde á celebración dunha das nosas festas máis emblemáticas”, afirma a alcaldesa Digna Rivas para quen o engalanado do pobo con redes e outros elementos mariñeiros “busca converter Redondela nun gran escenario que exprese o orgullo da nosa tradición mariñeira e o valor do mar e da Enseada de San Simón e do seu produto estrela, o choco, recoñecido internacionalmente. Eurored colocou de xeito gratuíto para o concello, redes e demais apeos mariñeiros nas prazas da vila.

O programa de actividades de rúa arrincará hoxe pola tarde cos clowns e aéreos da Cia. Sempre Arriba á partir das 18 horas na Praza da Casa da Torre. De seguido música collerá o relevo con dos concertos, un primeiro a cargo de 33 RPM, na Praza da Constitución ás 19 horas, e posteriormente o que protagonicen Broken Peach ás 20:30 horas na Carpa da Alameda de Castelao.

O sábado 30 de abril ás 12 horas e na Carpa da Alameda Castelao, chegará o primeiro dos Showcooking a cargo de Lucía Freitas, do restaurante A Tafona de Santiago, posuidor dunha Estrela Michelín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará