Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O choco afronta en Santa Mariña o seu ultimo partido co obxectivo de garantir a permanencia

CD choco

Este próximo domingo  o club deportivo  Choco  xogará contra o Noia nun partido importante que se disputará na casa, no campo de Santa Mariña ás 18:00 horas. Juan Amoedo pide a afección que acudan ao campo a apoiar ao equipo que, de gañar este encontro, aseguraría a permanencia na Terceira división.

Tras unha segunda volta na que practicamente lograron salvar a categoría, cunha única derrota ante o Bergantiños, o adestrador salienta o “gran espírito de loita e competitividade que amosaron os xogadores, conseguindo superar as expectativas”.

A intención agora é manter 7 equipos por debaixo, para o que é crucial lograr a vitoria na cita do domingo ante o Noia. Juan Amoedo, advirte dos riscos existentes derivados do modelo de competición.

Riscos sempre hai”, conta o entrenador.

Sobre os seus rivais neste peche da liga, explica o técnico que “co Noia temos unha conta pendente”. Disputaron un partido de ida que foi un dos peores para o club e que significou tocar fondo e empuxounos a cambiar de mentalidade. Grazas a este enfrontamento, a segunda volta collérona con máis forza e “os xogadores están cunhas ganas enormes de conseguir a victoria”, engade o adestrador.

Juan amoedo: “O choco quere gañar, acabar o máis arriba posible”

Juan Amoedo anima a afección a acudir a Santa Mariña e pide todo o apoio posible para loitar polo posto en terceira división que tanto lles custa manter ano tras ano.

O técnico engade que “É un momento moi importante todo o apoio da xente de Redondela”

Ante a relevancia da cita do domingo, o Club anima aos afeccionados a asistir a esta cita ás seis da tarde. A entrada, no caso de ser retirada en venta anticipada antes do venres, será a metade de prezo para familiares e amigos dos socios, é dicir, a 5 €. Que non o faga de maneira anticipada terá que pasar por billeteira o día de partido a prezo normal; 10€

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará