Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lidia India e The Mirror disputan a final do concurso de maquetas do Millo Verde

millloverde

O recinto da feira do gando de Redondela acolle na noite do sábado o concerto no que se decidirá o gañador do concurso de maquetas que a organización do Festival Millo Verde retomaba este ano logo de dúas edicións en branco por mor da pandemia. A cita será o sábado 23 ás 22:00 horas e como artistas  convidados actuarán tamén os grupos En Albis e Kings of the beach.

Decimo cuarta edición dun concurso no que participaron un total de trinta formacións, quen enviaron as súas maquetas para poder facerse un oco no Festival Millo Verde que se celebrará no mes de xuño en Cesantes. Dende a organización salientan a calidade dos traballos presentados de entre os que elixiron aos dous finalistas que actuarán mañá: a cantautora da comarca de Ferrol, Lidia India, coa súa música de raíz, fusión de ritmos afrobrasileiros e música galega, e o grupo de rock The Mirror, cun repertorio de rock, funk e soul.

Anxo Pérez, Asociación Millo Verde

A xornada inclúe tamén un torneo de basket que se celebrará a partir das 16:00 horas e o concerto xa as dez da noite, onde ademais dos grupos a concurso actuarán as formación In Albis e Kings of the Beach.

A entrada ten un prezo de 5 euros e inclúe vaso conmemorativo e consumición así como o dereito a votar ao grupo que se fará cos 500 euros do premio e dun oco no cartel do Millo Verde deste ano que se celebrará do 9 ao 11 de Xuño na Praia de Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará