Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a I Feira do libro de Soutomaior

feira libro

Un total de 10 casetas de diversas editoriais forman parte deste evento cultural que o Concello de Soutomaior organiza na xornada de hoxe venres e mañá sábado na Alameda de Talo Río en Arcade. Unha cita na que non faltarán as presentacións literarias, as charlas con autores, os contacontos para os máis cativos e obradoiro diversos en torno á animación á lectura.

Soutomaior celebra o día do libro por todo o grande, coa organización da súa primeira Feira do Libro que se inaugura esta tarde ás 17:00 horas coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Un evento que quere responder tamén a unha demanda amosada polos usuarios da biblioteca do municipio. Así o explicaba a concelleira de cultura, Noelia Ocampo quen falaba do acto inaugural desta tarde.

Unha programación que seguirá o sábado en horario de mañá e tarde de 10:30-14:00 e 17:00 -20:00 con actividades permanentes orientadas a todos os público e animación coa mascota da Feira.

O obxectivo é que durante os dous días que  dura a feira a Alameda sexa un punto de encontro para todos os amantes da literatura, baixo unha carpa que garante o bo desenvolvemento das actividades independentemente do tempo.

Ademais, para promover o evento teñen en marcha un concurso nas redes. Todos os que suban as súas publicacións co cancelo #FeiraDoLibroSoutomaior na descrición entrarán nun concurso que repartirá diversos agasallos. A edil anima as persoas usuarias das redes a subir imaxe de lecturas, de  bibliotecas ou calquera foto que estea vencellada cos libros.

Un concello que nos deixa tamén unha proposta de cara ao domingo, unha actuación teatral orientada ao público familiar a cargo da compañía Redrum teatro no Multiusos de Arcade. Porán en escena a obra “Roedores” que conta a historia de Peludiño un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade, un espectáculo familiar con música en directo no que se fomenta a igualdade o domingo 24 ás 19:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará