Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A XXXV festa do choco durará dez días cos hostaleiros como protagonistas

festa

A Festa do Choco renuncia á tradicional carpa no Campo da Feira e opta por dar protagonismo a 12 establecementos que ofrecerán nos seus menús receitas variadas a base de choco. Unha celebración gastronómica que arrancará o 29 de abril e se prolongará ata o 8 de maio e que inclúe concertos, espectáculos infantís e recupera ademais as rutas en barco pola enseada e visitas guiadas a Illa de San Simón. O actor Luis Zahera será o encargado de ler o pregón o último día da festa.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñaba na presentación do evento os cambios respecto de edicións previas á pandemia. Un dos máis salientables é a decisión de renunciar a carpa e optar por dar protagonismo aos hostaleiros. En  total serán doce locais os que ofrecerán receitas variadas “dende as máis tradicionais ata as máis innovadoras pero cun único denominador común, o choco de Redondela”.

Unha iniciativa que os hostaleiros aplauden por entender que ”este cambio vai ser beneficioso para a hostalaría, para os clientes e para os amantes do choco”.

Dende a Confraría de Cesantes aproveitaron a presentación para lembrar a calidade indiscutible “do noso produto estrela, o choco de Redondela” e animar a participar nas actividades de turismo mariñeiro que se promoven dende Amarturmar.

A empresa Eurored, con sede de Redondela será a encargada de decorar e ambientar as prazas con motivos mariñeiros durante as dúas semanas do evento, días nos que non faltarán as actividades culturais  e que arrancarán xa o venres día 29 cun espectáculo de clown e aéreos na praza da Casa da Torre e dous concertos nesa mesma xornada con 33RPM na praza da Constitución ás 19:00 horas e Borken Peach ás 20:30 na Alameda.

Haberá tamén showcookings e retómanse as visitas pola Illa con saídas ás 16:30 horas dende o porto de Cesantes a un prezo de 4 euros. As entradas poden retirarse no museo Meirande e na Oficina de Turismo no Concello. Rivas salientaba neste sentido a “aposta pola cultura e polas actividades orientadas a todos os públicos”.

Os concertos de La penúltima Sabinera, tributo da Joaquín Sabina, Tanto Nos tén ou Zeltia Irevire son outras das propostas destacadas deste programa que conta tamén con representación local, como é a formación Rondalla de Redondela quen se subirá ao escenario o sábado 7 na Alameda de Castelao ás 20:45 horas.

Unha celebración que terá tamén un pregoeiro de excepción, o actor galego Luis Zahera.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará