Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER súmase á veciñanza e pide ao goberno que o Concello se persoe contra Aucosa

aucosa contaminanciçon

A Agrupación de Electores de Redondela, AER, súmase a petición da Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón e as asociacións veciñais de Chapela e Cedeira e pídelle ao goberno de Rivas que o Concello de Redondela se persoe como parte interesada no proceso aberto pola Fiscalía contra AUCOSA, por posible delito medioambiental debido á súa actividade contaminante dentro da Rede Natura.

A Agrupación de Electores de Redondela coincide coas asociacións en que a liña medioambiental é a máis acaída para conseguir o obxectivo de cese da actividade de AUCOSA. De feito, entenden que a denuncia que ten presentado a Fiscalía baséase, en boa parte, no traballo desenvolto -dende xuño de 2019 ata Agosto de 2021- por Roberto Villar, membro de AER, cando aínda era concelleiro de Medio Ambiente. Neses dous anos, lembran desde a Agrupación, a concellería de Medio Ambiente realizou 118 actividades de control da planta de AUCOSA, enviáronse 58 informes policiais á Dirección Xeral do Cambio Climático de Galicia, realizáronse oito analíticas de control de verquidos con laboratorios independentes e promovéronse informes externos que tamén foron enviados. Segundo AER, “nos dous grandes verquidos á ría realizados por AUCOSA no 2021, foi a Concellería de Medio Ambiente de Redondela o único organismo público a recolleu mostras efectivas do verquido contaminante, cando a responsabilidade recaía na Xunta de Galicia”.

Desde a Agrupación insisten en que para realizar este proceso de control ambiental foi crucial tamén o traballo do Policía Local de Medio Ambiente e a contratación dunha Técnica de Educación e Control Ambiental.

AER aplaude que a Fiscalía teña iniciado este trámite para denunciar a actividade contaminante de AUCOSA e felicita ás asociacións veciñais pola súa loita nunha causa que entende absolutamente xusta para tratar de retirar esa industria contaminante do seu actual emprazamento no borde litoral do estreito de Rande .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará