Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O coche no que morreron tres mozos de Redondela ao chocar na AP-9 en Vigo alcanzou os 138 kms/h

RR_Noticias

O Departamento de Investigación e Reconstrución de Accidentes (Dirat) da Escola de Tráfico da Garda Civil de Mérida entregou onte ao xulgado de Vigo o seu informe do sinistro que custou a vida a tres adolescentes dun instituto de Redondela cando circulaban pola AP-9, preto de Rande, en Vigo, o 29 de maio do 2019. Apuntan a un exceso de velocidade como causa do accidente mortal.

Os axentes de Mérida, tras facer unha simulación por computador, conclúen que o Peugeot 206 que ocupaban os menores, manexado por un novel de 18 anos, circulaba a 138 kms /h nun tramo de autoestrada limitado a 100. Certifican así que houbo un exceso de velocidade. Esta foi a causa do sinistro porque propiciou que o coche se saíse da vía nunha curva e colidise coa parte traseira contra un alicerce dun viaduto. Os tres viaxeiros dos asentos traseiros morreron no acto polo impacto contra o formigón. O condutor e o copiloto sobreviviron tras derrubarse o vehículo na mediana. Outro dato que apunta o mesmo informe é que os cinco ocupantes do vehículo levaban posto o cinto de seguridade.
No informe tamén se apunta a outras cuestión relevantes como o peso que levaba o vehículos, de pequenas dimensións e con todos os asentos ocupados, a antigüidade do mesmo xa que tiña 15 anos e unha presumible falta de pericia do condutor, que sacara o carne de conducir tan só un mes antes. O mozo dera negativo en alcohol e drogas e o estudo das chamadas descartas que se estivera empregando o teléfono móbil no momento do suceso.
Tras ler o informe, de 120 folios, a xuíza de Instrución número 5 de Vigo, que investiga o sinistro, prevé abrir un proceso ao condutor como responsable do accidente, ao detectar unha infracción durante a súa condución pois superaba en máis de 38 kms/h a velocidade máxima autorizada. Unha posibilidade é que as partes pidan que se xulgue ao autor por un delito leve de circulación imprudente con resultado de homicidio. A outra é que a xuíza abra dilixencias previas ao mozo pola vía penal como autor dun delito de condución temeraria. O asunto resolveríase nun xulgado do penal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará