Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta en Redondela ao berro de “non é abuso, é violación”

RR_Noticias

Máis de 200 persoas concentrábanse ás portas dos xulgados na tarde de onte convocados polo colectivo Paxaretas en protesta contra a sentenza que absolve de violación a “La Manada”. Tristeza, malestar e, sobre todo, indignación ante unha sentenza que cualifican de “vergonzosa e abominable” pero que confían serva para reactivar o movemento feminista e para mudar unha situación inxusta que segue deixando ás mulleres na indefensión.

Baixo o lema “Non foi un abuso, foi unha violación” o colectivo Paxaretas convocaba a través das redes sociais unha concentración diante do Xulgado de Redondela ante o que cualifican unha sentencia inxusta froito dun “sistema xudicial machista e patriarcal” . Os veciños e veciñas de Redondela sumábanse así aos actos convocados en toda España por distintas organizacións feministas que se repetían a mesma hora nas sete cidades galegas. Mobilizacións que chegaban logo de que a Audiencia Provincial de Navarra dese a coñecer a sentenza que condena aos cinco mozos de “La Manada” a nove anos de prisión por un delito continuado de abuso sexual a unha moza de 18 anos o 7 de xullo de 2016 durante a celebración do San Fermín. O tribunal considerou que os integrantes do grupo son culpables dun delito de abuso sexual e non de agresión sexual, tal e como pedía a Fiscalía e a acusación particular, e do que foron absoltos. A Audiencia entende que houbo abusos, pero non intimidación nin violencia, de aí que os absolva de agresión sexual continuada que solicitaban fiscalía e acusacións, pola que pedían entre 22 e 25 anos de cadea. Tamén foron absoltos dun delito contra a intimidade e só un deles foi condenado a 900 euros de multa polo furto do móbil da moza. Algo certamente difícil de explicar cando a propia sentenza recolle que “en dous vídeos a denunciantes está agazapada, acurralada contra a parede por dous procesados e berrando; evidenciando que estaba atemorizada e sometida”. Malia todo descartan os xuíces “violencia ou intimidación que integran o concepto de agresión”. A sentenza contou co voto particular discrepante do xuíz Javier González, que avogaba pola libre absolución dos cinco. Todas as partes xa anunciaron que van recorrela ante o Tribunal Superior de Xustiza de Navarra. No manifesto que lía unha das integrantes de Paxaretas ás portas dos Xulgado denunciaban unha sentenza que “é un insulto para todas as mulleres, froito dunha institución xudicial machista e patriarcal”. Esixen que se muden as leis e se reforme o código penal para que se recollan todas as agresións que as mulleres sufrimos ao longo da nosa vida. Confían en que aló menos isto serva para que o movemento feminista se reactive aínda máis e que sexa o inicio dun movemento que se escoite e serva “para mudar esta situación inxusta que segue deixando ás mulleres na indefensión”. Unha concentración na que a carraxe daba tamén paso a emoción. “Que nos dean un manual da violada perfecta” clamaba coa voz entrecortada unha das integrantes de Paxaretas. Actos de rexeitamento que se repetirán esta en todo o país, onde milleiros de homes e mulleres saían á rúa para manifestar o seu rexeitamento contra a sentenza e berrar que “estamos fartas da complicidade do sistema xudicial coa cultura da violación”.  

Paxaretas
Sentenza vergonzosa
Sentenza inexplicable
Un sistema xudicial que deixa ás mulleres na indefensión
Mudar a lei
Unha petición que facían a través da lectura dun manifesto
Reactivar o movemento feminista
Confían en que unha sentenza inxusta aló menos serva para reactivar a mobilización
Tristeza e emoción
Reclamacións tamén coa voz entrecortada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará