Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela distribúe 10.000 folletos turísticos

RR_Noticias

As Concellerías de Turismo, Cultura e Ensino van da man na publicación e distribución destes folletos turísticos nos que se propón ao visitantes un roteiro por Redondela que os levará a coñecer os diferentes elementos patrimoniais, artísticos e culturais que conforman o noso concello. Un detallado plano do casco urbano no que hai un total de 24 espazos que serven para guiarnos dende o Convento de Vilavella na entrada da vila ata a Capela de Santa Mariña e a Fonte do Mouro na saída cara Pontevedra.

Os folletos, que serán distribuídos principalmente na Caseta de Turismo na Alameda, están editados en tres idiomas: galego, castelán e inglés co obxecto de facilitar tamén ao visitantes foráneo a súa achega ao noso concello. O edil de Cultura e turismo, Xabier Alonso, salientaba o interese desta publicación “por ofrecer un atractivo paseo polo casco urbano, no que hai sinalizados máis de vinte puntos destacados que permitirá coñecer a historia da nosa vila”. Un deseño especialmente coidado e un texto rigorosamente revisados que servirá tamén de recordo para todos aqueles que pasen polo noso concello. Explicaba o edil que non hai un percorrido predefinido pero si “unha sinalización pormenorizada para is visitando cada un dos elementos existentes, dende o Convento de Vilavella ata A Capela de Santa Mariña. Dáse conta ademais no texto que recolle este folleto da riqueza etnográfica que aínda se conserva: as vivendas dos mariñeiros, as fontes, os canastros, os cruceiros… e incídese en aspectos importantes dos nosos costumes como a festa do Corpus ou Coca de Redondelas, as súas danzas e gastronomía”. Un elemento de información moi necesarios ao non existir a día de hoxe ningunha publicación semellante e no que se recollen referencias a Xan Carallás “fundador de Redondela” e tamén a figura do arqueólogo e folklorista Casto Sampedro, figura elixida por “ser considerado un referente a nivel internacional no estudo dos costumes e a historia de Galicia nacido en Redondela no ano 1848. A concelleira de ensino, Teresa París, salientaba a importancia destes folletos que permiten tanto aos propios veciños como aos visitantes non perder ningún dos encantos da nosa vila.  

Xabier Alonso concelleiro de Cultura e Turismo
Un roteiro para coñecer o patrimonio cultural e etnográfico
Un percorrido non predeterminado
O visitante pode perderse e ir descubrindo cada un dos elementos sinalizados
Teresa París Concelleira de ensino
Un folleto útil e coidado que serve de recordo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará