Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recital poético multilingüe no Multiusos baixo a dirección da Yolanda Castaño

RR_Noticias

O auditorio do Multiusos acolle esta tarde ás 20:00 horas o recital poético “Atendendo ao meu amigo” no que se poderán escoitar as voces de sete recoñecidos poetas procedentes de Estonia, Turquía, Hungría, Inglaterra, Alxeria, Asturias e Galicia que estes días están a participar no II obradoiro de tradución poética “Con barqueira e remador” na Illa de San Simón.

Unha oportunidade única para todos os que queiran achegarse a escoitar a este poetas recitando na súa lingua propia uns textos que logo son traducidos ao galego por Isaac Xubín. Unha actividade paralela ao Obradoiro que dende o pasado luns reúne en San Simón a sete escritores que están a realizar un intenso labor de tradución literaria da poesía contribuíndo así a dar a coñecer o noso contexto cultural a novas personalidades intelectuais e seguir a estreitar os lazos de intercambio con outros sistemas literarios. Os participantes nesta II edición chegan dende os máis afastados recantos de Europa, África do Norte e EEUU. Xunto á poeta galega Yolanda Castaño, organizadora do evento, recitarán Gökçenur Ç (Turquía), Kätlin Kaldmaa (Estonia), Xuan Bello (Asturias), Samira Negrouche (Alxeria), Lawrence Schimel (EEUU), Anna T. Szabó (Hungría) e Isaac Xubín (Galicia). Este último e mais Yolanda Castaño serán os encargados de traducir ao galego as intervencións dos distintos poetas.  

Yolanda Castaño podeta
Fálanos do recital que se poderá ver no Multiusos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará