Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco fai un chamamento á afección para o partido co Pontellas

RR_Noticias

A catro xornadas para o final de liga os de Redondela defenden o liderado en Santa Mariña. Están a un paso de acadar o ascenso a Terceira División e para conseguilo piden o apoio dos afeccionados, aos que queren poder dedicarlle a vitoria.

Os de Julio Álvarez están cada vez máis preto de facer realidade o soño so club e dos seus seareiros: o ascenso a Terceira. A falta de catro xornadas para que remate a liga o Choco é lider, e ademais, como ascenden os dous primeiros, hai que ter en conta o colchón de 6 puntos que acumula sobre que o terceiro clasificado. Uns datos que cada xornada que pasa dan máis garantías. De feito o adestrador, Julio Álvarez, recoñece que no club xa non queren pensar “noutra cousa que non sexa o ascenso”. O próximo partido co Pontellas en Santa Mariña é “vital”, segundo explicaba o adestrador, xa que podería garantir ese salto de categoría. O partido co rival, actualmente 8º clasificado na táboa, “non será fácil”, segundo explicaba Julio Álvarez, e mesmo veñen de gañarlle ó Estradense. Por iso Álvarez fai un chamamento ós seguidores do Choco para que non lles fallen este domingo, e que vaian ó campo “para apoiar ó equipo” e tamén para “gozar”, xa que conseguir un ascenso é algo que só se vive “cada moito tempo”. O técnico insisten en que o papel dos afeccionados é “fundamental”, tanto na casa como nos desprazamentos, e agradeceu a presenza de moitos seareiros no campo do Arenteiro, onde “se escoitaron moito”. Por iso confía en que a afección non lles falle agora, “para poder dedicarlles a vitoria e o ascenso”. Parabéns para o Chapela O adestrador do Choco tivo tamén palabras de recoñecemento para o Chapela, equipo xa ascendido matematicamente a Primeira Autonómica, e felicitou ó club e ó seu adestrador, Luis Ferreira. Álvarez confiou en que o Choco, un “histórico” que hai moito tempo que non está en Terceira, poida celebrar tamén canto antes o salto de categoría.

Julio Álvarez adestrador
O técnico é prudente pero confía en facer realidade o ascenso
Choco-Pontellas
Álvarez agarda un partido complicado en Santa Mariña
Chamamento á afección
Para o técnico o apoio dos seareiros é fundamental

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará