| Sábado, 19 de Maio de 2012 - 10:00 |
| Volta ciclista a Redondela |
| O sábado 19 de maio celébrase unha ruta ciclista con saída na Alameda ás 10:00 horas, avituallamento na praia de Cesantes e regreso á saída de meta. En total, 6 kilómetros abertos a ciclistas maiores de 8 anos. |
| Domingo, 20 de Maio de 2012 - 12:00 |
| Bocetos para Jam Graffiti |
| Manda o teu boceto a asociaciónmilloverde@gmail.com para poder facer o teu graffiti na VI edición do Festival Millo Verde, a temática deberá estar relacionado co millo verde ou coa ecoloxía. Data límite o 20 de maio. Medidas: 2,20 x 2,40 en plafón. |
| Martes, 22 de Maio de 2012 - 12:30 |
| Homenaxe a Rita Regojo |
| O día 22 ás 12:30 horas terá lugar en Aldeas Infantís unha homenaxe a Rita Regojo presidenta da fundación, co descubrimento dun busto na súa memoria. O acto estará presidido por Rosa Freire, que estará acompañada polos familiares da homenaxeada |
| Mércores, 23 de Maio de 2012 - 18:00 |
| Crea e imaxina en Chapela |
| O 23 de Maio a biblioteca de Chapela acolle o obradoiro “Crea e imaxina” impartido polo grupo Lambonadas de Cores formado por alumnos do IES da parroquia. Os nenos de 3 a 6 anos aprenderán a crear usando material de refugallo. |
| Venres, 25 de Maio de 2012 - 12:00 |
| Concurso deseño de camisetas |
| O ArdeRande convoca un concurso de deseño para a camiseta que este ano se venderá no festival. Para participar hai que enviar os deseños ao enderezo adcrande@gmail.com
Antes do 25 de maio. O premio será,un maletín de debuxo asi como unha camisola. |
| Venres, 25 de Maio de 2012 - 20:00 |
| Afectados polas preferentes |
| A Plataforma de afectados polas participacións preferentes de Redondela, Pazos, Fornelos e Soutomaior celebra unha nova asemblea na Casa da Cultura o venres 25 de marzo ás 20:00 horas. |
| Sábado, 26 de Maio de 2012 - 19:00 |
| Cine na Casa da Cultura |
| O cine club internacionalista proxecta o sábado 26 ás 19:00 h. a película “Sacco e vanzetti” baseada en feitos reais. Un docudrama italiano realizado en 1971 baixo a dirección de Giuliano Montaldo. Ao finalizar a proxección celebrarase un debate. |
| Sábado, 26 de Maio de 2012 - 21:30 |
| Serán de Playback en Saxamonde |
| O centro cultural Chan das Pipas celebras o sábado 26 de Maios ás 21:30 horas o seu I serán de playback no que poderán participar todos os que o desexen de forma individual ou en grupo. Haberá grandes premios. |
|