Amenazamos con volver e aquí estamos! Novo capítulo de Onda Torrella, o podcast musical da radio municipal. Nesta entrega, conversamos con Omar Cadilla, de Pikota FM, parte das novas xeracións do rock en Redondela. Repasamos historias persoais a través dunha selección de seis cancións que marcaron a súa vida. Rock clásico, moita paixón pola música local e un mozo con un futuro prometedor e unha traxectoria xa consolidada na nosa vila: iso é o que nos regala este episodio cheo de enerxía.

Redondeando a sexualidade: Temores nos primeiros contactos
O consentimento é un concepto que os adolescentes recoñecen cada vez máis. “Hai un empoderamento global que noutro tempo pasado non había”, explica María Montenegro, do gabinete Amaturi, na entrega

