As persoas interesadas en acceder a este servizo municipal que se desenvolverá entre o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 horas deberán facer a súa solicitude antes do 10 de decembro. A actividade desenvolverase nun total de seis parroquias así como no centro da vila e busca […]
As Bibliotecas súmanse ás conmemoracións do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller e organizan un contacontos-obradoiro a cargo da profesora Jessica Rodríguez que se desenvolverá en Chapela o xoves día 2 de decembro. Unha actividade de contacontos e obradoiro baseada no album ilustrado “Peúgo, o calcetín melenudo”. En Chapela o día […]
O Conservatorio de Música Victor Ureña de Redondela organiza o venres 3 de Decembro, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira ás 19:00 horas, un concerto benéfico a favor da ONG redondelá “Da man”. No concerto participarán alumnos de diferentes especialidades e agrupacións instrumentais do Conservatorio como a Chouque Big Band. Entrada donativo 5 euros.
“O que hai que ver” unha nova comedia da compañía Fulano, Mengano e Citano o sábado 4 de decembro no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas. Enmarcada no ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
O prazo de inscrición para poder participar nesta feira de Artesanía, que se ubicará na rúa Ribeira os días 17, 18 e 19, estará aberto ata o 9 de decembro e as solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello (persoas físicas) ou a través da administración electrónica (persoas xurídicas). As bases poden ser consultadas na páxina web do […]
Aqueles nenos e nenas que queiran formar parte da Cabalgata que percorrerá o centro da vila o vindeiro 5 de Xaneiro deben inscribirse como data límite ata o 27 de decembro. O único requisito é ter entre 5 e 12 anos de idade e residir no municipio de Redondela. A inscrición debe facerse cunha instancia […]
A agrupación redondelá regresa aos escenarios locais cunha actuación o sábado 11 de decembro ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 3 euros. Organiza o Concello de Redondela.
A Igrexa de Reboreda acolle un concerto cos grupos Navia Swing Band (Vigo) e Xingro's Big Band (Redondela). A cita está organizada pola Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.
O Multiúsos de Chapela énchese de música coral coas formacións Coral o Piñeiral e Coro voces graves de Vigo. O domingo 12 de decembro ás 18:30 horas con entrada de balde. Organiza o Concello de Redondela.
O auditorio do Concello acolle o venres 17 ás 11:30 horas a entrega de premios correspondente aos "III certame de relato curto de Pazos promovido dende a Biblioteca e no que participaron 67 escolares de distintas idades do CPI "Curros Enríquez".
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.