As charlas, organizadas pola Concellerái de Medio Ambiente e impartidas por persoal do SEIS (servizo de extinción de incendios e salvamento) impartiranse seguindo este programa: Centro Cultural de Cedeira (Venres 4 ás 19:00 horas) Centro Cultural de Reboreda (Luns 7 ás 19:30 horas) Centro Cultural de Vilar (Martes 8 ás 19:30 horas) Centro Cultural de […]
Os nenos da Variola é a proposta que nos deixa a compañía de teatro Pérez&Fernández. O domingo 6 de febreiro ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Organiza a Concellería de Cultura. Prezo 3 euros.
Isabel Blanco presenta un libro no que se recolle a biografía de 20 mulleres pioneiras en diferentes ámbitos científicos. O xoves 10 ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda acolle este domingo día 13 ás 17:30 horas a obra “Saco roto” a cargo da compañía de actores e actrices afeccionados da terceira idade A súa vila de San Xenxo. Unha comedia na que a través de varias xeracións relátanse as vivencias dunha familia da contorna rural de principios […]
Xavier Deltell pecha o ciclo Humor na súa tinta co monólogo Dando la nota. O domingo 13 de febreiro ás 19:30 horas. Unha proposta incluída no IV Ciclo de Humor na súa tinta do Concello de Redondela. Prezo 12 euros.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela continua esta vindeira semana a serie de charlas informativas, impartidas por persoal do SEIS Redondela (Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento), nas que se darán a coñecer os protocolos de actuación fronte á vespa velutina. As citas serán o mércores 16 de febreiro no Centro […]
A área de eventos convoca por segundo ano consecutivo este concurso de escaparates co obxecto de incentivar e premiar os comerciantes que decoran de xeito especial os seus locais co gallo do Entroido. A inscrición debe realizarse no enderezo concursoescaparatesentroido@redondela.gal como data límite o 18 de febreiro. Outorgaranse tres premios que recoñecerán a orixinalidade e […]
Continúa o ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura nesta ocasión coa obra “As que limpan” da compañía de teatro A panadaría. A actuación será o domingo 20 de febreiro ás 18:30 horas no Multiúsos de Redondela. Entrada 3 euros.
O banco de alimentos necesita voluntarios para varias Operacións Kilo. A máis inmediata será os días 11 e 12 de marzo nos supermercados do grupo Vegalsa-Eroski. As eprsoas interesadas en colaborar poden darse de alta a través da web www.bancoalimentos.org
O Multiúsos de Arcade acolle o venres 25 ás 20:00 horas o espectáculo musical "A meniña gaiteira" no que Servando Barreiro Canta a Rosalía. Un espectáculo baseado na vida e obra de Rosalía de Castro durante o cal os poemas de Rosalía son cantados entre paisaxes biográficas e declaracións sobre a súa condición de muller […]
O pavillón da Marisma acolle este sábado en horario de mañá un seminario de defensa persoal no que as participantes aprenderán técnicas para se defender en caso dun eventual ataque. Unha actividade orientada a calquera idade e sen necesidade de contar con coñecementos previos en deportes de contacto. Pola tarde as clases serán abertas a […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.