Hoxe é Sábado 28 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre o Testamento vital

A Concellería de Persoas Maiores organiza este martes 12 ás 19:00 horas unha xornada informativa baixo o título “Testamento Vital, documento de vontades anticipadas ou de instrucións previas” coa intervención da traballadora social do Hospital Álvaro Cunqueiro, Agustina Portabales e o avogado de Afaga Alzheimer, Iván Raris.

Presentación libro de Lorena Santervás

Baixo o nome  “Aquí sí hai quen escriba”, as Bibliotecas Municipais de Redondela, en colaboración cos Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, dan comezo a un novo ciclo de actividades patexadas en formato de reunións ou charlas periódicas onde presentar libros, propostas editoriais e outros proxectos que xorden da creatividade da veciñanza. A primeira das […]

Mostra de artesanía de nadal en Soutomaior

Ente as novidades máis destacadas nesta edición do Nadal en Soutomaior está a Mostra de Artesanía que estará en Talo Río do 16 ao 23 de decembro, unha casiña moi especial instalada en Talo Río pola que pasará o Apalpador, Papá Noel e a Carteira Real e a 1ºedición da Carreira San SilvestreFest, para público […]

Cociñar pan sen gluten

O mercado de Abastos acolle un obradoiro pensado para aquelas persoas que queiran aprender a elaborar pan sen gluten. Neste caso as alternativas son moi variadas: pan de arroz, de trigo sarraceno de sementes ou pans enriquecidos con figos e dátiles: pans elaborados sen fariñas e sen levaduras, que dan como resultado un produto nutritivo […]

Festival Folclórico Anaquiños

O Grupo Folclórico Anaquiños celebrar este sábado 16 de decembro o seu festival folclórico, que realizan desde hai máis de 15 anos. A cita de balde é no Multiusos da Xunqueira ás 17 horas da tarde, e conta con actuacións de grupos chegados desde Mindelo, Candás e Valdepeñas, ademais da propia agrupación redondelá.

Concerto: Desconcerto

Concertos e espectáculos de nadal en Soutomaior. A xornada do día 17 de decembro a sesión vermú en Talo Río estará amenizada polo directo de Desconcerto e o 22 de decembro Peter Pank aterrará ás 19:00 co seu espectáculo Chungo que te cagas.

Humor na súa tinta: Beatriz Rico

Beatriz Rico (Asturias) actuará no Auditorio da Xunqueira dentro da programación de ciclo de monólogos "Humor na súa tinta" do Concello de Redondela xunto con Pares e Nones. A entrada anticipada son 13 euros e en taquilla 16. Beatriz Rico é membro da plataforma de Mujeres artistas contra a Violencia de Xénero, presidida por Cristina […]

VI Humor na súa tinta

Multiusos da Xunqueira

Chega a VI edición de "Humor na súa Tinta" cun programa cheo de actuacións e humoristas destacados de Galicia. A iniciativa do Concello de Redondela consiste en traer ao Multiusos da Xunqueira un espectáculo humorístico ao mes, entre o próximo outubro e febreiro do ano que vén. Así, o 22 de outubro preséntase “O musical […]

Video mapping e escapismo no Castelo de Soutomaior

O vídeo mapping consistirá nun espectáculo gratuíto de luz e son proxectado na Torre da Homenaxe do Castelo. Terá unha duración de seis minutos e haberá pases continuos desde o atardecer até as 21:00 horas. A cidadanía interesada en gozar deste vídeo mapping poderao facer, de maneira gratuíta, entre o 22 de decembro e o […]

Taller de postres de Nadal

O mercado de Abastos acolle un obradoiro que permitirá aos asistentes contar neste Nadal con sobremesas apetitosas pero que foxen dos doces que atopamos nos supermercados: turróns de chocolate, de améndoas, polvoróns ou bombóns sen azucres e versións tradicionais que poderemos facer na casa e adaptalos ás necesidades e os gustos de cada un. A […]

A Cazola de Lola (Tanxarina)

Tanxaeina volve ao Multiusos da Xunqueira dentro da programación de Nadal do Concello de Redondela coa obra infantil "A Cazola de Lola". Lola sempre arrastra un cazo atrás dela. O cazo caíulle un día enriba… Non se sabe moi ben por que. Por causa deste cazo, Lola xa non é de todo coma os demais. […]

Espectáculo Peter Pank

Concertos e espectáculos de nadal en Soutomaior. A xornada do día 17 de decembro a sesión vermú en Talo Río estará amenizada polo directo de Desconcerto e o 22 de decembro Peter Pank aterrará ás 19:00 co seu espectáculo Chungo que te cagas.