Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruta en barco: Illa de San Simón

O 8 de maio será o último día para disfrutar rutas en Barco pola Illa de San Simón. Haberá dúas saídas diferentes, as 12:00h e as 16:30h, ambas dende o Pantalán do Museo de Meirande. O prezo é de 4 euros por persoa e estarán a venta no Museo de Meirande e na Oficina de […]

Pregón da Festa do Choco con Luis Zahera

O último día da Festa do Choco dará o pregón o actor galego Luos Zahera, sustituíndo a Mariano Peña por problemas de saúde. Comezará o 8 de maio ás 12:30h na Carpa da Alameda de Castelao.

Acrobacia: Trasno, de Pabló Reboleiro.

O 8 de maio a Festa do Choco de Redondela trae un evento de malabares e acrobacia de Pabló Reboleiro. O espectáculo "Trasno" comezará ás 18:00h na praza da Casa da Torre.

Concerto de Crónicas Pop

O día 8 de maio ás 18:45h tocarán na praza da Constitución o grupo Crónicas Pop. Unha das propostas culturais impulsada polo Concello de Redondela para a Festa do Choco.

Orquesta de saxos de Redondela

O 8 de maio pechará a última xornada da Festa do Choco a Orquesta de Saxos de Redondela. O concerto comezará ás 20:00h na Alameda de Castelao.

Maiores en Ruta

A Concellería de Persoas Maiores lanza o programa municipal Maiores en Ruta, un programa de excursións que non se puido celebrar con anterioridade por mor da pandemia. O prazo para se inscribir na primeira das saída, que terá lugar o vindeiro 27 de maio a Ribadavia, está xa aberto na Oficina de Turismo e ten […]

Concerto corda, coro e percusión

Concerto a cargo do alumnado de corda, coro e percusión do Conservatorio Víctor Ureña que se desenvolverá ás 19.30 horas na rúa Castro San Pedro.

Presentación literaria en Reboreda

A sociedade labrego cultural de Reboreda acolle este sábado día 28 ás 19:00 horas a presentación do libro la Estudiante do autor Erasmo Benítez. Un acto no que autor da obra falará dunha novela na que ficción e realidade mestúranse con altas doses de suspende e erotismo. A trama xira en torno a un reencontro […]

Contacontos para crianzas 1 a 4 anos na Biblioteca

A Biblioteca de Redondela acolle o mércores 1 de xuño, ás 17:30 h unha actividade orientada aos máis cativos que contará coa narradora Charo Pita para achegarnos unha historia con rimas, historias, xogos e cancións baixo o título de  “A formiga na barriga”. As familias que desexen inscribir aos seus fillos deben facelo a través […]

XXV marcha ciclista de Cedeira

O Centro cultural da parroquia organiza este domingo día 5 de xuño unha marcha ciclista na que os participantes percorrerán Cedeira e o casco urbano de Redondela. A marcha partirá ás 10:00 horas dende a sede do centro e sortearanse entre todos os participantes 5 bicicletas. A inscrición abrirase unha hora antes da saía.A actividade […]

III marcha contra o Cancro

A Asociación contra el cáncer de Redondela organiza o domingo 5 de  xuño unha actividade de visibilización na que poden participar todas as persoas que o desexen e que consistirá nunha marcha de 8 kilómetros de dificultade baixa. A saída partirá dende a Alameda de Redondela ás 10:30 horas e s persoas participantes percorrerán o […]

Carlos Taibo no Multiúsos da Xunqueira

O escritor e profesor en Ciencia Política, Carlos Taibo será o encargado de impartir esta charla que se desenvolverá no multiúsos da Xunqueira o xoves 9 ás 20:00 horas. Unha actividade organizada polo #ColectivoRepublicano en colaboración co Concello de Redondela “Nin guerra entre pobos nin paz entre clases” é o título da conferencia que se […]