Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Carlos Taibo no Multiúsos da Xunqueira

9 Xuño 2022 @ 20:00 - 22:00

O escritor e profesor en Ciencia Política, Carlos Taibo será o encargado de impartir esta charla que se desenvolverá no multiúsos da Xunqueira o xoves 9 ás 20:00 horas. Unha actividade organizada polo #ColectivoRepublicano en colaboración co Concello de Redondela

“Nin guerra entre pobos nin paz entre clases” é o título da conferencia que se desenvolverá este xoves en Redondela. O autor do libro “Rusia frente a Ucrania. Imperios, pueblos, energía” regresa ao noso concello para falar da guerra que se está a vivir no leste de Europa. Unha charla na que presentará unha análise que busca contribuír á comprensión do conflito a través do repaso das súas causas, perspectivas e impacto en clave xeopolítica. Taibo achega unha reflexión crítica sobre o papel que tamén nesta guerra teñen Estados Unidos, a Unión Europea e a propia Rusia.

Detalles

Data:
9 Xuño 2022
Hora:
20:00 - 22:00