Hoxe é Sábado 21 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre Humberto Baena

A historia de Humberto Baena protagoniza os actos polo Día das vítimas do franquismo en Redondela. Flora Baena, irmá de Xosé Humberto Baena, un dos últimos asasinados polo franquismo no ano 1975, ofrecerá unha conferencia este venres ás 19:00 horas na Oficina de Turismo. A actividade forma parte dos actos organizados dende o Concello de […]

Concerto de Outono da Coral Casto Sampedro

A Coral Casto Sampedro ofrece este venres 30 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira o seu I Concerto de Outono baixo a dirección de María Oliveira da Silva. A formación redondelá estará acompañada no escenario co coro compostelán Sons de Solovio, un pequeno grupo vocal, dirixido por Adela Maroño. As invitacións para asistir están […]

Festa do Samaín en Redondela

Redondela celebra o sábado 31 de outubro, véspera de Defuntos, a festa do Samaín. Os máis pequenos poderán gozar tanto en Redondela como en Chapela dos obradoiros “Fai a túa cabaza” e “Maquillaxe e tatuaxes de terror”. Os talleres serán nos Multiúsos da Xunqueira e o do Piñeiral do Crego de 17:00 a 20:00 horas. […]

Samaín en Soutomaior

O sábado 31 de outubro concentrará boa parte das actividades na zona de Cima de Vila e Talo Río, en Arcade. De 17.30 a 19.30 horas celebraranse obradoiros de amuletos de protección, colares de zonchos e talla de calacús, unha oportunidade para achegar ás tradicións e á simboloxía da Noite de Defuntos. Ás 19.30 horas […]

Rastrexo nocturno en Soutomaior

A programación organizada polo Concello de Soutomaior co gallo do Samaín chegará ao seu remate o domingo 1 de novembro, de 18.30 a 21.00 horas cunha actividade pensada para público adulto. A finca Cafexo-Massó acollerá O que ten cú ten medo II, unha experiencia inmersiva gratuíta dirixida exclusivamente a persoas maiores de 18 anos. A […]

Fogares creativos

Fogares Creativos, un proxecto para promover novas formas de convivencia e acceso á vivenda A Fundación Formavigo retoma esta iniciativa que inclúe varias xornadas formativas gratuítas e nas que se abordarán alternativas habitacionais, convivencia, apoio mutuo e creación de redes comunitarias. O programa desenvolverase a través de varias xornadas - 19 e 26 de novembro, […]

Mitin do PP

O venres 20 de novembro, ás 19.00 horas, o Multiúsos da Xunqueira acolle un mitin organizado polo Partido Popular que contará coa participación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a deputada Cayetana Álvarez de Toledo; o presidente provincial do PP, Luis López, e o exalcalde de Redondela Javier Bas. Baixo o lema «Redondela ten unha […]

Concerto na Igrexa de Reboreda

A Orquestra de Saxos de Redondela ofrecerá este venres, 20 de novembro, ás 20:00 horas, o tradicional concerto de Santa Cecilia na igrexa de Reboreda, baixo a dirección de Elisa Arias. O programa incluirá un repertorio variado con pezas como Negra Sombra, O muíño e o río, Reboraina ou Saltariqueira, entre outras.

Magosto solidario de Sinha Paca

A música, a cultura popular e a solidariedade volverán xuntarse en Redondela coa celebración do Magosto Solidario organizado por Sinha PACA. A cita será o sábado 21 de novembro na Alameda Castelao, cunha programación que comezará ao mediodía e se prolongará ata a noite con actividades populares, castañas e música, con concertos de Catuxa Salom […]

MItin do BNG en Redondela e Chapela

O BNG organiza o sábado 21 ás 19.00 horas na Casa da Cultura de Redondela un mitin baixo o lema «Desde Redondela, agora con máis forza!». A formación nacionalista reunirá a súa cabeza de lista ao Congreso, Carme da Silva, xunto ás candidatas María Obelleiro e Xosé Rodríguez e o portavoz municipal, Xoán Carlos González. […]

O “chiquilicuatre” chega ao Multiúsos

David Fernández presenta o seu espectáculo “No estoy bien” no Multiúsos O humorista coñecido como o “chikilicuatre” chega a Redondela este sábado 21 de novembro ás 20:30 horas cun espectáculo cuxas entradas poden adquirirse na web ataquilla a un prezo de 17,60 euros. A proposta está enmarcada dentro do ciclo de monólogos Humor na súa […]

Doazón de Sangue en Redondela

A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase os días 3, 4 e 5 de decembro a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello so tres días. Xoves, […]