A parroquia de Moscoso, en Pazos de Borbén, celebra este sábado 28 de outubro as súas tradicionais festas na honra da Inmaculada Concepción, a Virxe das Dores e da Esperanza. Os actos previstos arrancarán ás 12:30 horas coa misa solemne seguida de procesión, acompañada pola Banda de Gaitas O Son da Pedra quen interpretará un […]
O Multiúsos do Piñeiral do Crego acolle este sábado 28 de outubro un magosto popular organizado pola Asociación de Veciños e Chapela en colaboración co Concello. Castañas de balde este sábado a partir das 17:00 horas en Chapela
O Multiúsos do Piñeiral do Crego acolle a IV edición do Festival Casto Sampedro de Redondela. Un encontro de música tradicional que contará a partir das 19:30 horas coas actuacións dos grupos O Carballo das Cen Pólas, Arrancaxestas de Ribadelouro e Cerne.
O Multiúsos de Arcade acolle o domingo 29 o Escape Room Especial Samaín. Libera á pantasma! Polo Samaín as pantasmas quedan atrapadas no Multiusos as pequenas e pequenos deberán ser quen de liberalas resolvendo unha serie de crebacabezas, empregando contrasinais, combinacións e estratexias para completar este gran reto. Haberá 2 salas para este espace room […]
O Centro Cultural de Cedeira acolle este domingo 29 de outubro unha nova proposta teatral que correrá a cargo do grupo A Cividade de Mos. Porán en escena a obra “Amor, diñerio e saúde” chea de humor e risas. A entrada é de balde ata completar o aforo. Unha actividade que conta coa colaboración da […]
O martes 31, o programa Outono Aventura de Soutomaior súmase á celebración do Samaín cunha xincana moi especial. Unha cita destinada a mozas e mozos de 14 a 17 anos onde percorrerán as rúas de Arcade gozando dunha actividade deportiva e lúdica con contido Sumían.
A Asociación de veciños de Santo Estevo de Negros, tralo éxito do ano pasado volven organizar para o día 31 dúas saídas pola parroquia. Os máis pequenos poderán participar dunha ruta que sairá do centro cultural ás seis da tarde en dirección o Regueiro, subida o Piñeiro, baixada cara Chan, camiño Magariños e regreso cunha […]
O día grande da celebración será o sábado 4 de novembro (tras adiarse por previsións de mal tempo o día 28 de outubro), cunha festa que arrancará ás 17:45 na Praza de Cima de Vila onde haberá un obradoiro de candeas e outro de maquillaxe de Samaín. Xa ás 19:00 dará comezo nesa mesma praza […]
O alcalde de Soutomaor, Manu Lourenzo inicia unha rolda de reunión coa veciñanza nos barios do concello co obxecto de trasladar a veciños e veciñas cada un dos proxecto que está previsto levar a cabo. A primeira das citas este xoves, 9 de novembro, ás 17.30 horas coa veciñanza de Moreira na casa-escola do barrio.
TARDES DE OUTONO: Contos en familia. Ciclo de contacontos para nen@s promovido pola Fundación Filomena Rivero Alonso e que terá lugar na Sala Infantil da Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela. O xoves 9 de novembro: "A grandeza do pequeno", con Iseo A Moura, dirixida a público a partir de 4 anos. O xoves 16 […]
O Concello de Redondela organiza este acto para recoñecer e difundir o enorme traballo que sobre a cultura popular levou adiante Dorothé Schubart. Para isto contaremos coa presenza de persoas que conviviron con ela, con quen traballaron pezas musicais sobre a súa obra "Cancioneiro popular galego" e con grupos de música tradicional de Redondela. Un […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.