O sábado, 26 de agosto, o paseo marítimo de Chapela acolle a partir das 19:00 horas a Festa da Sardiña. O socios do C.C.R. que desexen participar poden retirar o seu vale na cantina da asociación, que lle da dereito a un quilo de sardiñas e pan, totalmente de balde. Para os que desexen un […]
E o domingo, día 27, segue a festa coa Churrascada Popular coa que celebran o 56º aniversario do C.C.R., a partir das 14.00 horas. Os vales tamén poden retirarse na cantina da agrupación e ofrece unha ración de churrasco, criollo e media botella de viño por persoa a 12 euros. Para os máis pequenos e […]
O sábado día 2 volven os " Roteiros con Historia" coa visita guiada nocturna aos petróglifos de Monte Penide. Actividade de balde. É necesaria a inscrición previa, saída dende o Parque de Poza da Lagoa + Info no 613005844 (whatsapp) ou no correo roteiros@nosocoop.com
A partir das 22.00 horas, na praza da Torre, terá lugar un concerto protagonizado pola Rondalla de Redondela. É unha actuación incluída na programación cultural do municipio
A partir das 20.30 horas, na praza da Torre, terá lugar un concerto protagonizado por Bafana Bafana. É unha actuación incluída na programación cultural do municipio. Un grupo fresco, desenfadado, xuvenil, que fai versións das cancións en castelán máis bailables, interactuando animádamente co seu público. No seu variado repertorio teñen cabida artistas tan variados como […]
A unidade móbil de doazón de sangue estará en Redondela na Praza de Ribadavia, na zona de carga e descarga da coñecida como "Farola". Calquera persoa interesada pode achegarse e doar sangue sen cita previa en horario de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 21:00 horas.
O campo de fútbol de San Martiño de Vilar acolle este sábado 9 ás 17:00 horas o concurso “a cagada da vaca” organizado pola Comisión de festas de Vilar de Infesta. As rifas teñen un prezo de dous euros e pódense conseguir no Centro Cultural Vilar de Infesta ou a través de calquera membro da […]
A praza da Casa da Torre acolle o domingo día 10 de setembro o tradicional concerto da Rondalla de Redondela. Unha cita musical que se ía celebra o pasado sábado pero que o mal tempo da xornada obrigou a adiar confiando en que na próxima data a situación meteorolóxica mellore. Os máis de 30 compoñentes […]
sA Concellería de Persoas Maiores ten aberto o prazo de inscrición para participar nas excursións que se van desenvolver os días 13a Valença, 14 a Monção e día 15 Melgaço con percorrido tamén por Vilanova de Cerveira durante a tarde. Unhas actividades orientadas a persoas maiores de 55 anos que poden inscribirse nas oficinas de […]
Apurando o verán, a agrupación redondelá volve ofrecer a súa música festeira e bailable nun concerto que se vai desenvolver este mércores enmarcada na programación que organizna os locais da rúa Pai Crespo, A Discotaska e 78 Gastrobar. A cita este 13 desetmbro ás 21:00 horas. Esta nova banda intregrada polos músicos Antonio Vidal “Pelu”, […]
"Unha tarde especial con Dori" a cargo de Batucado & Emusin é a proposta infantil que nos deixa a biblioteca de Chapela de cara ao vindeiro martes 19 de setembro. A actividade, orientada a crianza de 18 meses a tres anos terá lugar ás 17:00 h. As persoas interesadas deben inscribirse na Biblioteca Xela Arias […]
A moda do “lettering” chega a Redondela. Os socios dos clubs de lectura de Redondela e Chapela poderán participar na actividade de Lettering “Debuxar Letras” impartida por Alba Farto dentro do programa “Ler conta Moito” da Xunta de Galicia. A actividade desenvolverase o venres 22 de setembro ás 20:00 horas, é de balde pero as […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.