Hoxe é Martes 16 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Concerto da Rondalla de Redondela

10 Setembro 2023 @ 21:00 - 22:30

A praza da Casa da Torre acolle o domingo día 10 de setembro o tradicional concerto da Rondalla de Redondela. Unha cita musical que se ía celebra o pasado sábado pero que o mal tempo da xornada obrigou a adiar confiando en que na próxima data a situación meteorolóxica mellore. Os máis de 30 compoñentes que conforman a agrupación subirán ao escenario ás 21:00 horas para ofrecer o seu clásico repertorio, “unha antoloxía musical” dos máis de cen temas cos que conta a rondalla, interpretando temas dos anos 50 e incluso máis antigos, xa que algunhas das pezas do seu repertorio teñen máis dun século de vida. Boleros, habaneras e outros clásicos soarán neste concerto que supón o peque da programación de verán do concello.

Detalles

Data:
10 Setembro 2023
Hora:
21:00 - 22:30