Un libro no que se “reivindica o primeiro amor” a través duns textos que arrancan no ano 1975 e van evolucionando ao longo de máis de tres décadas. O poemario, publicado por Chan da Pólvora será presentado este venres ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira nun acto no que Luís Gustavo Cuntín estará rodeado […]
A formación redondelá forma parte do ciclo de música folk “A nosa música”. O concerto terá lugar o sábado 19 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada de balde.
A biblioteca de Arcade acolle o mércores 23 unha contacontos a cargo de Soledad Felloza. A actividades leva por nome Bailar nas nubes e terá lugar ás 18:00 horas con entrada de balde.
A biblioteca municipal Luis Seoane de Soutomaior continúa co programa de contos que celebra o último venres de cada mes. Nesta ocasión será o 25 de marzo ás 18:00 horas cunha actividades orientada a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idades e que precisa de inscrición previa na propia biblioteca.
O artista galego presenta o seu monólogo “Love está en el aire” o sábado 26 ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira. Organiza Etiqueta negra producións. O prezo da entrada é de 12 euros.
O Multiúsos da Xunqueira acolle o domingo 27 de marzo ás 18:00 horas unha nova actuación teatral orientada a público familiar a cargo da compañía Ártika, quen porá en escena a obra A illa da deslembranza. Organiza concello de Redondela. Prezo da entrada 3 euros.
O Multiúsos de Arcade acolle a representación da obra “A nena que quería navegar” a cargo da compañía Redrum teatro. O domingo 27 de marzo ás 19 horas con entrada de balde.
Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón estará o luns día 28 en Chapela, na alameda, para recoller doazóns de sangue. Horario de 15.30 a 21.00 horas.
O alumnado da escola de música Artística de Arcade celebra unha actividade musical orientada a público familiar no Multiúsos de Arcade o sábado 28 ás 20:00 horas.
As rutas en barco continúan o 1 de maio ás 16:30h dende o Pantalán do Museo de Meirande. Este ano a Festa do Choco inclúe eventos culturais e visitas turísticas ao noso patrimonio. O prezo son 4 euros por persoa e estarán a disposición do público no Museo de Meirande e na Oficina de Turismo […]
A Festa do Choco continúa con conertos de música tradicional da man de "Pecios de Rande", unha agrupación redondelá. O evento celebrarase na Alameda de Castelao ás 18:30h da tarde. O mes de maio comeza cargado de espectáculos da nosa terra.
Proxección do documental “Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra” no Multiusos da Xunqueira o venres 1 ás 19:30 horas. Unha actividade que forma parte dun programa de actos en torno á memoria que terán como elemento central a homenaxe institucional do Concello de Redondela ás mulleres da Illa de San Simón que se […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.