A actividade desenvolverase do 22 de decembro ao 5 de xaneiro co obxecto de cubrir as vacacións escolares dos rapaces e facilitar a conciliación familiar e laboral. O horario será de 9:00 a 14:00 horas. Inscrición no 986 451556 ou na cantina do Círculo Cultural. O prezo é de 90€ todos os días do campamento […]
Grande e cativos poden percorrer as rúas de Arcade montados nun tren acompañados de papa Noel. Unha actividade de balde por orde de chegada que se vai desenvolver o mércores 22 en horario de mañá e tarde con saída dende a Alameda Talo Río.
Unha acción solidaria que se desenvolverá o xoves 23 de decembro na Alameda de Talo Río en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Todo o recadado coa venta dos libros irá destinado a Cáritas e haberá churro e chocolate para todos os que colaboren coa compra dalgún dos libros. En […]
Concerto de Nadal a cargo de dúas formacións nas que a música jazz e blues están moi presentes: a ría Jazz de Portugal e a Xingro’s Big band do Conservatorio de Redondela. O xoves 23 de decembro ás 20:00 horas con entrada de balde.
Proxección de Sonic, la película o domingo 26 ás 18:00 horas no Multiúsos de Arcade. Cine familiar para todas as idades organizado dende a Concellería de Cultura
O Concello de Soutomaior convida a toda a veciñanza a despedir o ano o xoves 30 nunha actividade que se vai desenvolver entre as 18:00 e as 20:00 horas na Alameda Talo Río. Haberá música e animación co Espectáculo de maxia a cargo de Cayetano Lledó ás 18:00 horas, badaladas de lacasitos e lambonadas con […]
A Orquestra de saxos sóbese ao escenario do auditorio para amosar a súa experiencia nunha formación integrada exclusivamente por saxos. O domingo 2 de xaneiro ás 18:00 horas con entrada de balde.
Música e espectáculo infantil con Uxía Lambona e Troula Animación o luns 3 de xaneiro ás 18:30 horas no Multiúsos de Chapela. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.
A música do disco Radio Bule Bule de Paco Nogueiras regresa a Redondela dentro das actividades de Nadal orientadas a rapazada. O martes 4 de xaneiro ás 18:00 horas no Multiúsos.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.