Andaina polo Maceiras
Marzo 4 @ 10:30 - 13:00
Unha andaina polo río Maceiras promove hábitos saudables co gallo do Día Mundial da obesidade
Co gallo Día Mundial da Obesidade que se celebra o 4 de marzo, Redondela acollerá a actividade “Camiña e conecta”, unha andaina de 3 kilómetros pola Senda do río Maceiras que combinará exercicio físico e mensaxes clave sobre alimentación, benestar emocional, actividade física e hixiene do sono, no marco das acción impulsadas pola Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS). os participantes daranse cita ás 10:30 horas na Praza do Concello, lugar dende o que partirá a andaina.