A responsable de Cruz Vermella Redondela, Diana Freire e máis o voluntario Mario de Sousa achéganse aos micrófonos da Radio Municipal de Redondela para falarnos dunha iniciativa que, logo de varios anos funcionando en Redondela, ven de expandirse tamén a Chapela.
Un programa que busca favorecer o reforzo escolar daqueles rapaces e rapaza que precisan deste apoio pero tamén crear espazos de integración, socialización e convivencia.
A día de hoxe un total de 50 nenos e nenas participan nalgún dos 8 grupos que funcionan en Redondela. Un proxecto da Cruz Vermella que foi medrando ao longo dos a no e que ven de ampliarse tamén á parroquia de Chapela, con clases que se imparten no multiúsos do Piñeiral do Crego.


