Hoxe é Luns 11 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: Bea Amoedo

Nun crossover moi especial entre dous programas da radio municipal de Redondela —Onda Torrella e En PAC(k), o podcast de saúde—, a doutora Bea Gómez Ameodo, médica residente no Centro de Saúde de Redondela, demostra que a súa profesión tamén ten gusto musical.

Neste episodio xa dispoñible, Bea comparte as 6 cancións que máis a acompañan no seu día a día e que lle axudan a entender, sentir e coidar a vida dende outra perspectiva. Unha conversa distendida, emotiva e chea de ritmo na que a saúde, as emocións e o benestar cobran forma de cancións.

Da consulta ao micrófono, Bea Gómez Ameodo achéganos a súa visión persoal de como a música pode ser unha ferramenta máis de coidado e de autocoñecemento.

Escóitao completo en radioredondela.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp