Hoxe é Venres 24 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Voces solidarias: Familias de acollida


Rubén Sixto e Vanessa González prepáranse para ser familia de acollida. Neste proceso están a ser acompañados responsable de Cruz Vermella en Redondela Diana Freira e a psicóloga da entidade Mercedes Míguez, 

Achéganse aos nosos micrófonos para explicarnos que é ser familia de acollida, un acto solidario cargado de satisfacción pero tamén un reto onde hai medos e incógnitas que en Redondela se canalizan a través da #CruzVermella.

Un programa que conta a día de hoxe cunhas 80 familias que conforman a rede de familias de acollida, unha cifra que non é suficiente para dar resposta ás necesidades existentes.

Dende Cruz Vermella animan a que calquera persoa que estea interesada en sumarse a esta iniciativa se achegue as súas oficinas para explicarlle o proceso de formación e os trámites que se realizan ata resolver a súa idoneidade para acoller un cativo ou unha cativa.

Un proceso onde unha das situacións máis complexas ás que se van enfrontar será a despedida, porque o obxectivo é sempre que os menores que, por calquera motivo tiveran que abandonar o seu fogar, acaben regresando coa súa familia biolóxica.

Unha experiencia enriquecedora onde o resultado é sempre positivo porque se está facendo unha labor importantísima que é dar un fogar a un neno ou nena que o precisa.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Xosé Couñago

 investigador e divulgador cultural Xosé Couñago foi protagonista do último episodio do podcast Onda Torrella no que se analizaron os principais elementos positivos e problemáticos da sociedade galega, combinando reflexión

Escoitar audio »