A Cruz Vermella pon en marcha en Redondela e Chapela unha nova programación de actividades dirixida a diferentes colectivos e franxas de idade. As propostas abranguen desde o apoio educativo para os máis pequenos ata iniciativas destinadas ás persoas maiores, con actividades pensadas para favorecer a autonomía e a participación social.
Programas do novo curso:
- Para os nenos e nenas “Promoción do Éxito Escolar”, que se desenvolverá tanto en Redondela como en Chapela. A iniciativa busca acompañar os nenos e nenas no seu proceso educativo e ofrecerlles apoio para afrontar o curso académico.
No ámbito das persoas maiores:
- Ioga en cadeira, unha modalidade adaptada especialmente para persoas con pouca mobilidade. A proposta permite “realizar exercicio físico e traballar aspectos como a mobilidade e a flexibilidade, adaptando os exercicios ás capacidades de cada participante”.
- Cursos de Memoria con grupso en Redondle e Chapela.
- Clases de punto de cruz
- Comprensión lectora con sesión que combinan a lectura en voz alta coa análise dos textos. Deste xeito, ademais de traballar a comprensión, abórdanse diferentes cuestións relacionadas coa vida cotiá, como o autocoidado, os valores ou as relacións sociais.
- As persoas interesadas poden achegarse á sede da Cruz Vermella, situada nos baixos da Casa da Cultura de Redondela, para coñecer as actividades e modalidades de voluntariado dispoñibles. A inscrición permanece aberta durante todo o ano, aínda que desde a entidade animan especialmente a informarse nestas primeiras semanas do curso para poder organizar os grupos e actividades dos próximos meses.




