Hoxe é Mércores 3 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Valeria regresa a Onda Torrella

Nesta nova entrega de Onda Torrella, Fon Conde recibe por terceira vez a Valeria, traballadora do IES Pedro Floriani, que regresa ao programa para compartir unha nova selección musical chea de emocións, lembranzas e mensaxes positivas. Nesta ocasión, Valeria actualízanos sobre as súas últimas experiencias e vivencias, ao tempo que volvemos conversar sobre temas tan universais como a amizade, a esperanza, os soños e aqueles recordos que nos acompañan ao longo da vida.

Nesta sesión falamos (e cantamos!) con:
🎵 Isabel Aaiún e Pablo Mora (Lagarto Amarillo) – A gastar la calle
🎵 ABBA – I Have a Dream
🎵 Álvaro García – Persona vitamina
🎵 Operación Triunfo 2021 – Mi música es tu voz
🎵 Juan y Junior – Anduriña
🎵 Gonzalo Hermida e Andrés Koi – Mamá te prometí

Ao longo do programa descubrimos as historias e emocións que agochan estas cancións, compartimos reflexións sobre o valor das persoas que nos achegan enerxía e apoio no día a día, e repasamos algúns dos momentos máis especiais vividos por Valeria desde a súa anterior visita ao estudo.

Ademais da súa faceta profesional, Valeria tamén nos fala da súa paixón pola escrita. Durante a conversa, lembra a súa experiencia como autora e anúncianos que aínda ten dispoñibles exemplares de La navidad de Igor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp