Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Turismo. Reláxanse as restricións

Hai case un mes que se relaxaron as restricións para as visitas turísticas. Nas actividades dos guías oficiais pode haber grupos de ata un máximo de 20 persoas no exterior, e ata 10 en espazos interiores. Con todo, polo de agora non se está a notar un incremento da demanda no sector. Soledad Chayán, guía oficial de Turismo, sinala que aínda “existe certo medo” entre a poboación. Recoñece que no último mes son cada vez máis as persoas que piden información sobre rutas turísticas, “pero poucas as que finalmente fan reservas”. Lembra que estas actividades contan con todos os protocolos e os guías recibiron formación específica, polo que as visitas guiadas son “totalmente seguras”. En Redondela realízanse no verán rutas guiadas á enseada de San Simón e á illa, tamén polo casco vello da vila e outros lugares de interese como o cemiterio dos Eidos.

Escoita aquí a entrevista completa con Soledad Chayán

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Tatán Cunha

Nunha nova entrega da sección A voz emerxente contamos co histórico, mítico e lendario actor de Redondela Eduardo Alberto Rodríguez Cunha ou Tatán. Falamos da súa participación na película ‘San

Escoitar audio »