Hoxe é Martes 14 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sergio Táboas: Enxeñaría da Enerxía

O enxeñeiro redondelán Sergio Taboas desenvolve na actualidade a súa carreira profesional no sector das enerxías renovables, onde traballa como enxeñeiro de proxectos no deseño e desenvolvemento de parques fotovoltaicos. Tras graduarse en Enxeñaría da Enerxía na Universidade de Vigo, completar un Erasmus en Palermo e cursar un Máster en Enxeñaría Industrial en Valencia, iniciou a súa traxectoria laboral cun breve paso por unha consultora de ciberseguridade en Madrid antes de regresar a Valencia para incorporarse a unha empresa especializada en renovables.

Na actualidade, Taboas encárgase do deseño técnico das plantas fotovoltaicas, elaborando planos, cálculos e a documentación necesaria para facer realidade estes proxectos. “O meu traballo consiste en converter a idea de construír unha planta solar nun proxecto que o equipo de obra poida executar e conectar á rede eléctrica”, explica.

Durante unha entrevista na que repasou a súa experiencia académica e profesional, destacou o potencial de futuro do sector enerxético. Ao seu xuízo, “dirixímonos cara a un futuro cada vez máis electrificado”, no que a demanda de electricidade e de enerxías renovables continuará medrando. Neste contexto, considera que “vai facer falta aumentar o número de plantas xeradoras e haberá traballo para moitos profesionais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp