Escoitamos o podcast elaborado por Samuel Antúnez Otero de 4º da ESO do Instituto de Chapela e que mereceu un dos premios outorgados na primeira edición do certame Redondela Investigada convocados polos departamentos de Ciencias Sociais e Historia dos Institutos de Redondela. Samuel fálanos do muelle de cargamento de Rande coñecido como Coto Wagner, facendo un percorrido pola súa historia e a súa relevancia como patrimonio industrial.

Cousas de hoxe: A explosión do Challenger cumpre 40 anos
Lembramos unha das grandes traxedias da Nasa cando se cumpren 40 anos da explosión do transbordador espacial Challeger. Era o 28 de xaneiro de 1986 cando o Challenger despegaba en

