Hoxe é Venres 18 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondeando a sexualidade: Sexualidade nas persoas con discapacidade

A sexualidade tamén está presente na vida das persoas con discapacidade, pero as barreiras sociais, culturais e organizativas complican o seu desenvolvemento. Acompañar con respecto e preparación marca a diferenza.

“Somos seres sexuados, con ou sen discapacidade, e, como tales, temos que intentar vivir plenamente a nosa sexualidade”, explica Débora Baz, do gabinete Amaturi. A profesional destaca a importancia de abordar a sexualidade desde unha perspectiva ampla, evitando caer na infantilización das persoas con discapacidade.

Polas súas particularidades, como os déficits de aprendizaxe ou as dificultades nas relacións interpersoais, poden precisar intervencións específicas que lles permitan desenvolver e vivir este ámbito da súa vida con plenitude. Trátase de evitar a súa “dessexualización”, é dicir, de non negar nin invisibilizar a existencia do desexo sexual, senón de recoñecelo e facilitar os apoios necesarios para que poidan vivilo de maneira adecuada, segura e respectuosa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp