Definimos o encontro erótico como un espazo no que as persoas se atopan na intimidade, un lugar ao que se chega sempre dende o respecto e a curiosidade. Un tema que as sexólogas de Amaturi abordan nos seus obradoiros co alumando de secundaria.
Logo de establecer os motivos de empregar o concepto de “encontro erótico” na vez do termo “sexo”, que pode facer referencia a outras moitas cuestións, Débora Baz tamén afonda na cuestión do consentimento que, máis aló dunha pregunta, ten que ser un xeito de comunicación entre as persoas que participan do encontro erótico.


