Hoxe é Mércores 6 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondeando a sexualidade: descubrir e conectar

María Montenegro, dende o gabinete Amaturi, achégase aos nosos micrófonos para falar de sexualidade dun xeito profesional e pedagóxico. A primeria proposta céntrase na educación sexual en primaria e secundaria. Acompañar a nenos, nenas e adolescentes para que coñezan o seu corpo, o que senten, como se relacionan e como poden convivir con respecto polos demais e por si mesmos.

Ppreguntámoslle a María Montenegro por que é importante comezar a educación sexual nas primeiras etapas educativas xa a partir dos 6 anos de idade. Nenos e nenas cos que se fala de cuestións sinxelas como os diferentes modelos de familia, a diversidade ou se abordan conceptos como o consentimento pero adaptado as súas idades. Unha base que se está ben asentadas servirán para o seu correcto desenvolvemento afectivo e relacional.

Insiste “non é cuestión de adiantar etapas, senón falar de contidos básicos que favorezan como nos relacionamos cos demais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Jaime Figueroa

Neste novo episodio do podcast Onda Torrella achégase aos micrófonos de Radio Redondela Jaime Figueroa para falar da vida a través da música. Fundador da Asociación Lenda e cunha traxectoria

Escoitar audio »

Cousas de hoxe: Os Illuminati

O 1 de maio de 1776, Adam Weishaupt, profesor de dereito na Universidade de Ingolstadt (Baviera, Alemaña), fundou a sociedade secreta dos Illuminati. O grupo buscaba promover as ideas da

Escoitar audio »