Tres autoras e tres títulos son as propostas que nos deixa Mencía Jorge Cabaleiro no seu paso polo espazo, unha iniciativa das Bibliotecas de Redondela en colaboración coa Radio Municipal que busca a colaboración de lectores e lectoras para achegarnos as súas lecturas.
As tres propostas de Mencía son:
“Burbullas de calma serena” de Andrea Maceiras
“Be water” de Antía Yáñez
“SuperÚlex” de Susana Sánchez Eríns