Hoxe é Venres 1 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: Mobilización de Queremos Galego polo Día das Letras Galegas

Marcos Maceira é o portavoz da plataforma cidadá Queremos Galego. Contamos con el nunha nova entrega da sección Outro mundo é posible para falar da campaña deste ano para animar a participar na mobilización do 17 de maio, que “encherá as rúas de Compostela por unha lingua viva para unha Galiza viva”.

Este ano contan coa implicación activa de 15 creadores e creadoras de contidos en galego, que xuntan máis de dous millóns de followers nas súas redes sociais, publicaron onte un vídeo conxunto animando a cidadanía galega a participar na mobilización organizada pola plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte preto de 600 entidades. Terá lugar o venres 17 de maio ás 12h, nas rúas de Compostela, baixo o lema “un idioma galego vivo é a mellor garantía dunha Galiza viva”.

Entre os influencers atopamos a Blondimuser , Gabi García, Paula Jorge,  recorda, Prado Rúa, Leti da Taberna , Cessarrg, Laura Franco, Rodri Míguez, Patri B., Alexia Mariño, Recuncho Médico, Helena Cousas, Todomalva, Sara Seco Rial e Yeison.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp