Malia que a data de fin de explotación caducou en 2017, a central hidroeléctrica continúa a funcionar e Augas de Galicia vén de deixar caducar o expediente de extinción que supuña o primeiro paso para o desmantelamento e rexeneración da zona. Falamos con Jesús de la Fuente, do colectivo A Rente do Chan-PLADEVER, quen advirte que isto supón tres anos perdidos para o río Verdugo, Oitavén e para a biodiversidade da zona

Falamos con @Qarambanos sobre Capitán Breomán, a nova xoia da animación galega
Conversamos con @Qarambanos, o artista multidisciplinar e un dos creadores de Capitán Breomán, para indagar no proceso de creación e nas curiosidades desta serie de animación e humor para adultos