Hoxe é Domingo 4 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Órbita Cultural: Programación de agosto de Espaço Vivo

O sábado 16 de agosto ás 20:30, Wilson Saliwonczyk, coñecido como Wilson El Payador, ofrecerá un concerto íntimo cargado de música e poesía. Este payador e quintero (regueifeiro en décimas por milonga) volta por segunda vez a Espaço Vivo para ofrecer a súa fusión de cancións de autor sudamericanas con improvisacións satíricas sobre a actualidade social. Cunha mestura de humor, ironía e malabares poéticos, Wilson promete un acústico para gozar e soñar.

O venres 22 de agosto ás 20:30, chegará a quenda dos Exquisitos Ghipes de Merda, unha banda irreverente formada por Iago “O sopra tubos”, Tarakanov “O Bardo Bass-tardo”, Manu “A Citola do demo” e Mighelón “O Runchos Mach Ghuan”. Co seu estilo único, que combina tradicións europeias cun toque contemporáneo, abordan temas como o amor, a liberdade e a conexión coa natureza morta. As súas letras profundas e a súa enerxía en directo prometen unha noite vibrante, celebrando a creatividade e a diversidade cultural.

Wilson El Payador en Espaço Vivo.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Hugo Amoedo Canal

Nesta nova entrega do podcast Onda Torrella conversamos con Hugo Amoedo Canal, cineasta nacido en Redondela en 1987 e actualmente afincado en Bruxelas, onde desenvolve boa parte da súa actividade

Escoitar audio »