Hoxe é Martes 20 de Maio de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Órbita Cultural: A biblioteca galáctica contra a IA Fantástica

Entrevista a Miguel Borines.

Conversamos con Miguel Borines, membro de Tanxarina, a emblemática compañía de teatro de monicreques de Redondela con máis de 40 anos de traxectoria. Tanxarina presenta na Feira do Libro de Soutomaior, o 26 de abril, o seu novo espectáculo A biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica, unha adaptación teatral da novela de Carlos Labraña, encargada pola Editorial Galaxia polo seu 75 aniversario. Esta obra, chea de aventuras, cancións e humor, defende a lectura e a imaxinación fronte a unha intelixencia artificial que ameaza a fantasía. Dirixida a centros de ensino e público familiar

HORARIOS: 

  • 26 de abril, 12:30: Presentación do libro A biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica con Carlos Labraña, na Carpa da Alameda de Talo Río (público infantil-xuvenil). Repartiranse e asinaranse exemplares ata esgotar existencias. 
  • 26 de abril, 13:00: Espectáculo de Tanxarina, A biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica, na Carpa da Alameda de Talo Río (público familiar).

«A biblioteca galáctica contra a IA Fantástica» narra a historia dun rato que coida da súa biblioteca galáctica e descobre que unha ameaza se cerne sobre os personaxes dos seus libros infantís. Nunha loita contra o reloxo, o rato, Ramón Lamote e Sara deberán enfrontarse ao malvado profesor Smith e o seu IA fantástica para liberar aos seus amigos Toribio, Espantallo Amigo e Lobo Namorado. É un canto á amizade, a solidariedade e a defensa dos libros, a lectura e a palabra escrita fronte a unha Intelixencia Artificial que quere acabar coa imaxinación e a fantasía. Trátase dunha comedia con aventuras, cancións e moito humor que fará rir a gargalladas aos máis pequenos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella – Especial Maios

Nesta entrega de Onda Torrella, o podcast musical da municipal, celebramos a Festa dos Maios, unha tradición chea de historia, música e retranca. Acompáñannos dous convidados de excepción: Olimpio Giráldez

Escoitar audio »