Hoxe é Martes 11 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Órbira Cultural: Javi Maneiro presenta “Anxos no inferno”

Foto de Iria Iglesias: Maneiro nunha actuación en Redondela.

O cantante Javi Maneiro presenta o seu novo sinxelo en solitario titulado “Anxos no Inferno”, unha peza que marca un punto de inflexión na súa carreira e na súa vida persoal. O artista, que rematou de gravar a súa nova proposta influenciado por unha experiencia concreta en Redondela, asegura que nesta localidade “volveu a nacer” tras o duro golpe de saúde que atravesou, un proceso que lle deu un novo enfoque á súa música e ao seu camiño artístico.

“Anxos no Inferno” destaca non só pola súa intensidade sonora, onde a forza do rock se funde coa melódica do pop, senón tamén pola profunda carga emocional que transmite. A canción, escrita e composta por Maneiro, contou coa produción de Fran Gude e os arranxos de Rubén Cores, e está impregnada de agradecemento e reflexión. Na súa letra, o artista rememora as experiencias que marcaron o seu renacemento, dedicando palabras especiais ás persoas que foron clave no seu proceso, como a súa nai e a súa avoa. Ademais, fai un recoñecemento sincero ao labor dos sanitarios e sanitarias, destacando a súa capacidade para ofrecer un sorriso incluso nas circunstancias máis difíciles nos hospitais, un xesto que, segundo Maneiro, pode ser unha verdadeira luz no medio da escuridade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp