Hoxe é Mércores 22 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: Xosé Couñago

 investigador e divulgador cultural Xosé Couñago foi protagonista do último episodio do podcast Onda Torrella no que se analizaron os principais elementos positivos e problemáticos da sociedade galega, combinando reflexión e música.

Nado en 1962 no lugar da Cavada, na parroquia de Cesantes, Couñago conta cunha ampla traxectoria vinculada ao estudo e difusión do patrimonio cultural. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa en Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu durante máis de tres décadas o seu labor docente na escola de idiomas de Vigo, actividade que compaxinou cun intenso traballo de investigación sobre a cultura galega.

Desde moi novo participou en iniciativas como o colectivo Fenteira, centrado na investigación arqueolóxica do monte Penide-Mirallo, e foi un dos impulsores en 1996 da asociación cultural Alén Nós, coa que continúa colaborando na actualidade. A súa traxectoria inclúe tamén unha destacada implicación no movemento veciñal, formando parte da Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao de Vigo e da Confederación de Asociacións Veciñais de Galicia (COGAVE), onde asumiu responsabilidades na área de Cultura e Secretaría.

Entre as súas achegas máis salientables figura a creación da web “Patrimonio cultural de Vigo”, así como a súa participación como guionista e presentador na serie televisiva Lendas Vivas, centrada na recuperación de relatos tradicionais de Galicia.

Desde o seu regreso a Cesantes en 2014, Couñago intensificou o seu labor de catalogación do patrimonio material e inmaterial de Redondela —incluíndo arqueoloxía, etnografía, toponimia e lendas—, ademais de promover visitas guiadas e impartir charlas en centros educativos e culturais. Na actualidade continúa difundindo este traballo a través da súa web “Patrimonio cultural de Redondela”.

O programa radiofónico completouse cunha coidada selección musical de artistas galegos:

  • FUXAN OS VENTOS – GALICIA 
  • VARIOS INTERPRETES – POBO DE ARTISTAS 
  • KELTOI – BOS E XENEROSOS 
  • XAVIER RIBALTA – O MEU PAÍS 
  • BERROGÜETTO – XENTE 
  • GARCÍA MC – DEITADO FRENTE AO MAR 
  • AMANCIO PRADA – PRA A HABANA 
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp