Hoxe é Martes 19 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: XIX Festival Millo Verde 2026

Un ano máis, Juan e Lucía achéganse a Onda Torrella para falar da programación do Millo Verde e adentrarnos na súa música, cartel e curiosidades. Nesta nova entrega do podcast musical da Radio Municipal, Onda Torrella, mergullámonos de cheo no corazón do Festival Alternativo Millo Verde!

Conversamos con eles, membros da Asociación Millo Verde e parte da organización, para descubrir todos os segredos deste evento tan especial. 

Do 21 ao 23 de maio de 2026, a Área Recreativa da Praia de Cesantesacollerá a XIX edición do Festival Millo Verde. Durante tres días, a praia converterase nun escenario vibrante onde se fusionan rock, ska, reggae, mestizaxe, punk e moitas outras propostas, con artistas chegados de diferentes puntos de Galicia, España e o estranxeiro.

Neste especial repasamos todo o cartel e escoitamos varios dos pratos fortes escollidos polos organizadores, entre os que destacan: La Chiva Gantiva, Rebelión do Inframundo, Fülü, Pan de Capazo, Carmen Xía,  Vimbio ft. Nadie González e moitos máis.

Pero o Millo Verde é moito máis ca música! Haberá obradoiros creativos (Artelixo, Eskalabirras, batucada, baile afrikano…), actividades infantís, pasarrúas, mercado artesanal e zona gastronómica con opcións veganas. A xornada do xoves 21 será de balde e servirá de apertura.

Entradas e info práctica: www.milloverde.org.

Haberá buses lanzadeira gratuítos cada 30 minutos con paradas na Feira do Gando, San Pedro e a Praia de Cesantes.

Sintoniza Onda Torrella e prepárate para decubrir o Millo Verde 2026 desde dentro!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp