Nesta nova entrega de Onda Torrella, Fon Conde recibe por segunda vez a Valeria, traballadora do IES Pedro Floriani, que volve ao programa cunha nova selección musical cargada de enerxía e emoción. Deixamos atrás o rock e os sons máis tradicionais para mergullarnos no pop español e latino, nun percorrido por Eurovisión, lembranzas, himnos para bailar… e moito máis!
Nesta sesión falamos (e cantamos!) con: Manuel Carrasco – Siendo uno mismo
Vicco – Nochentera
David Bustamante – No importa la distancia
Melody – Esa diva
Sergio Dalma – Sonríe porque estás en la foto
As Efémeras – Ai vai o Torio
Tamén nos mergullamos en anécdotas divertidas e Valeria comparte con nós os seus momentos favoritos e experiencias, como o seu memorable disfraz de obreira no Entroido do IES Floriani.


Dálle ao play, sube o volume e canta connosco desde onde esteas… sempre con ALEGRÍA!
