Hoxe é Sábado 21 de Xuño de 2025

Onda Torrella: Rock Redondela

Nunha nova entrega do podcast musical da radio municipal “Onda Torrella”, temos o pracer de contar con Juanin Barreiro de Perfectos Estraños, Juan Álvarez de Retroblues e Fran Iglesias de Elëven, tres das bandas locais que protagonizarán o Rock Redondela 2025, o festival que acenderá a Festa da Coca o vindeiro venres 20 de xuño no Campo da Feira. Durante esta charla, profundaremos na historia, influencias e propostas destas bandas, ademais de coñecer que nos deparará este evento musical gratuíto que promete case sete horas de puro rock.

A Festa da Coca, unha das celebracións máis emblemáticas de Redondela, transforma a localidade nun fervedoiro cultural do 18 ao 22 de xuño, e o venres 20 será o día en que o rock tome o protagonismo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: