Hoxe é Mércores 15 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Onda Torrella: Paciencia Paradise

Foto de Pelu Vidal

A banda Paciencia Paradise visitou os micrófonos de Radio Redondela no podcast musical Onda Torrella para adiantar o seu primeiro álbum oficial, titulado “Nunca es tarde”. Neste avance puidemos escoitar temas como Alma de Llanero, Salvación, Estaremos Aquí e Nena, xunto a moitas máis sorpresas.

Trátase dunha banda internacional de pop-rock orixinaria da vila de Tinaquillo (Venezuela), fundada o 15 de xullo de 2008. Despois de emigrar a Galicia, a formación quedou consolidada con Marcel Lasalvia (guitarra), Gonzalo Plata (voz principal e baixo) e a nova baterista Myriam Cortizo, que participou na gravación do álbum. Actualmente teñen a súa base en Redondela.

A presentación oficial do disco terá lugar este sábado 20 de xuño no Centro Labrego Cultural de Reboreda. Unha oportunidade perfecta para disfrutar en directo da enerxía e da música desta banda con alma venezolana e agora tamén con alma galega. Instagram: @paciencia_paradise

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Sergio Táboas: Enxeñaría da Enerxía

O enxeñeiro redondelán Sergio Taboas desenvolve na actualidade a súa carreira profesional no sector das enerxías renovables, onde traballa como enxeñeiro de proxectos no deseño e desenvolvemento de parques fotovoltaicos.

Escoitar audio »